A bibliopiscina e a comicteca

A bibliopiscina e a comicteca

17 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Piscina Municipal de O Muíño abriu esta semana as súas portas en Ordes para dar comenzo a unha nova campaña de verán. Unhas instalacións que terán un horario de apertura de 11 a 21 horas todos os días da semana ata o próximo 15 de setembro. Entre os servizos cos que conta esta instalación, un ano máis, os usuarios poderán disfrutar dun servizo de bibliopiscina, a través do que durante a súa estancia na piscin

Ademais este ano a bibliopiscina contará cun novo servizo, que suporá a posibilidade de que os usuarios poidan facer un intercambio de libros, cambiando un libro da súa propiedade por outro dunha selección de exemplares da bibliopiscina. Tamén como novidade este ano, a bibliopiscina contará cunha sección de comicteca na que os amantes ao mundo do cómic poderán encontrar algúns dos títulos máis característicos deste estilo.

Carnés e cursos de natación

En canto ás entradas para poder facer uso das instalacións da piscina, os aboados que conten con carné de tempada terán que pagar 6,27 euros se se trata de rapaces e rapazas de 3 a 15 anos, e 12,54 euros os adultos de 16 anos en adiante. O carné pode solicitarse na Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Ordes, situada na planta baixa da Casa Consistorial. Por outra banda para todos aqueles que non teñan o carné, as entradas terán un coste de 0,65 euros ao día para os menores (de 3 a 15 anos), e 1,25 euros para os adultos (16 anos en adiante).

Entre outras actividades que se desenvolverán durante o verán na piscina, o Concello tamén ten organizados uns cursos de natación nos meses de xullo e agosto. O prazo para inscribirse xa está aberto ata o próximo 25 de xuño, debendo realizarse as inscricións na Concellería de Cultura e Deporte do Concello de Ordes  en horario de 9 a 14 horas. Os prezos destes cursos, que se celebrarán polas mañás de luns a venres, serán de 18,80 euros ao mes para os adultos e 12,55 euros mensuais para os nenos e nenas de 3 a 15 anos. Para poñer en marcha o curso deberá haber un grupo mínimo de 15 participantes.

Cultura