A Biblioteca Municipal de Neda, a máis antiga da comarca

A Biblioteca Municipal de Neda, a máis antiga da comarca

20 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca de Neda gábase de ser a primeira creada na comarca agás a de Ferrol coa chegada da democracia. Desde a primeira corporación democrática fíxose visible a necesidade de aunar liberdade e cultura. Con ese marchamo de centro cultural multidisciplinar continúa a súa andaina. O espazo estructúrase en varias zonas, a infantil, a sección galega, a de adultos, un fondo local de Neda e comarca e un apartado adicado á muller. Este

Coa sabedoría que dan 27 anos ao fronte da biblioteca Manuel Grueiro fai inventario da mesma. Contan con 27 mil volumes entre narrativa infantil e de adultos desde novela ata libros especializados de xardinería, cociña ou bricolaxe. Arrincaron cun lote funcional duns 3 mil exemplares aos que foron incorporándose mil títulos ao ano ata chegar á cifra actual. Destes 27 mil libros somentes uns 9 mil atópanse xa nun fichero automatizado. En canto a usuarios, son socios o 60% da poboación nedense, 3700 persoas en total aínda que o número que utiliza as instalacións con asiduidade redúcese a máis da metade. A biblioteca tamén conta con 5 ordenadores que contribúen á visita de máis usuarios. 

Segundo Grueiro, “unha biblioteca non se pode limitar a ser unha tenda para expender libros. Ten que propoñer novas actividades e renovarse”. Neste senso desenvolven sesións de contacontos un día á semana, presentacións de novas publicacións e exposicións unha vez ao mes. Arredor de 30 persoas achéganse ata a biblioteca nedense. Persoas de todas as idades, desde os máis pequenos da casa ata lectores de idade avanzada. A fenda aberta atópase nos rapaces de idades entre os 15 e 18 anos que son os que menos se aproveitan dos placeres da lectura. Outra das cuestións na que se suspende é na lectura en galego. Segundo Grueiro, limítase a un público fiel minoritario que gosta da narrativa galega actual. 

O cheiro a papel e a madeira enche a biblioteca cos seus andeis ateigados de historias agochadas entre as tapas de centos de libros. A zona de adultos perfectamente diferenciada en tres espazos coas súas correspondentes estanterías e unha gran mesa en cada un deles. Os cinco ordenadores dan conta da chegada das novas tecnoloxías. O espazo infantil agarda polo balbordo dos nenos e logo de 27 anos de vida ese fondo primitivo de 3 mil libros quedou superado con milleiros e milleiros de lecturas por descubrir.

Cultura