A bica da Pobra de Trives e a tarta típica de Mondoñedo protagonizan a Feira do Doce, Amendoado e Melindre

A bica da Pobra de Trives e a tarta típica de Mondoñedo protagonizan a Feira do Doce, Amendoado e Melindre

02 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A XIV edición da Feira do Doce, Amendoado e Melindre de Allariz desenvolverase ao longo desta fin de semana, 5 e 6 de setembro, no Paseo da Alameda. Os convidados deste ano son Pobra de Trives coa súa bica tradicional, Mondoñedo coa súa tarta típica e a empresa Meigas Fóra cunha variedade de licores galegos, xunto cos convidados de Cantabria, León e Melide e os reposteiros lo

Dende hai 14 anos celébrase a xa consolidada Feira do Amendoado, co obxectivo de promocionar os produtos de denominación de orixe de Allariz, os amendoados, melindres e o licor.

Por terceiro ano consecutivo, a Feira do Doce desenvólvese durante toda a fin de semana. A Feira dará comezo o sábado día 5 ás 10:30h, día durante o cal se sucederan diversos actos, como á homenaxe á repostería alaricana, ás 20:00h e o pregón, un espectáculo a cargo do cociñeiro alaricano André Arzúa máis o seu compañeiro Rafa no programa da televisión galega “Comando Chef”.

Despois deste pregón, a partir das 21:00h, os visitantes á feira poderán escoitar á Banda de Música Xuvenil de Barro que ofrecerá un concerto no mesmo espazo no que se desenvolve a Feira. O domingo 6, a feira continuará de 10:00 a 20:30h.

“Esta celebración ten servido para afianzar unha tradición que estaba a piques de perderse. Non só se recuperou senón que hoxe fai sentir orgullosos ós alaricanos e alaricanas, gracias a empresas que lograron consolidar un sector importante de repostería e licor que, gardando a tradición e a calidade dos produtos, ten sabido innovar para ofrecer outro tipo de repostería”, segundo as palabras de Cristina Cid, Concelleira de Promoción Económica de Allariz.

Sociedade