Black Friday no comercio local

Black Friday no comercio local
23 de Novembro, 2020 - 01:06 h. | Publicada por Radio Fene

As tendas de Fene póñense de acordo, un ano máis, para levar a cabo o xa mundialmente coñecido “Black Friday”. Esta iniciativa plantexase dende a Asociación de comerciantes O Cruceiro. Ofrécense descontos a partir do 20% e con catro selos dos comercios participantes entrase no sorteo de 16 vales de 100 euros.



 

ESCOITA O PODCAST:
Bolsa de Baúl de Bego

O Black Friday ou venres negro ten a súa orixe en Estados Unidos, nos anos 60. O comercio polo miúdo estadounidense quería aumentar as súas vendas durante as festas e aproveitar o comezo da campaña de Nadal. Agora en Fene tamén existe esta iniciativa na que participan: Un pedacito de mi, El Baúl de Bego, Loly Calvo, Mas Sport, Costuras, Mismores, Mayka, Koralli, Berline, Bualá, Dama, Lydia, Jomer, San Ros, Calzados Locay e Ópticas Noroeste.

Dende os comercios son conscientes de que eles non poden competir con grades superficies que teñen promocións durante esta semana ou, en moitos casos, durante todo o mes pero intentar botar man desta tradición estadounidense para conseguir activar o comercio local, pero ao seu nivel, como explica Begoña Lopez do Baúl de Bego.

Ademáis poñen en marcha un sorteo, cousa que non existe no gran comercio, no que hai 16 vales de 100 euros en xogo. Cunha compra en algunha destas tendas consigues un selo, con catro selos entras no sorteo dun destes vales. Cantas máis compras, máis opcións de gañar.  A iniciativa permanece activa ata o sábado 29 de novembro inclusive. O sorteo dos agasallos realizaráse o domingo dia 30.

En total 16 tendas de Fene nas que se pode atopar todo tipo de produtos. Dende roupa e calzado de deporte ata a última moda sen esquecerse de prendas máis intímas ou para estar na casa e lentes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora