BNG de Fene: “Formamos un equipo de primeira preparado para gobernar”

BNG de Fene: “Formamos un equipo de primeira preparado para gobernar”

20 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xa se coñece o nome das persoas que acompañarán na lista ao candidato do BNG á alcaldía de Fene, Juventino Trigo, para os vindeiros comicios electorais do 22 de maio. O BNG de Fene presenta á sociedade unha candidatura renovada na que a media de idade non supera os 38 anos.

Unha candidatura formada por persoas diversas e dispostas a pór a disposición da veciñanza de Fene a súa profesionalidade e capacidade de traballo, apuntan desde o BNG. “Homes e mulleres preparados e preparadas para gobernar e con novas enerxías para afrontar un goberno con moitas cousas por facer despois de catro anos de parálise” sinalan. 

Encabezadas por Juventino Trigo, home independente e profesional da xestión, na candidatura aparecen caras novas e tamén outras xa coñecidas entre a sociedade “polo seu bo facer como concelleiros/as de goberno e tamén de oposición” declaran. Un proxecto que afrontan con ilusión e con arelas de traballo. Desde a formación fenesa aseguran que se trata dun “equipo que devolverá a Fene o lugar que lle corresponde na comarca como Concello dinámico, que escoita aos veciños e veciñas e que destaca pola súa actividade cultural, deportiva, de igualdade e de xeración de emprego”. 

A lista é a seguinte:

1.- JUVENTINO JOSE TRIGO REY

2.- RITA MARIA COUTO SEIJIDO

3.- MANUEL POLO GUNDIN

4.- INES ROCA REQUEIJO

5.- JUSTO MARTINEZ ARDA

6.- ALEJANDRA PERMUY MEIZOSO

7.- ALBERTO LUIS MACEIRAS PEDREIRA

8.- JOSEFINA LOPEZ PICO

9.- EDGAR ANTONIO VIGO LOPEZ

10.- MARIA DIGNA FARALDO PURRIÑOS

11.- FRANCISCO JAVIER RIVEIRO LOPEZ

12.- PAULA GONZALEZ PAZOS

13.- FRANCISCO MANUEL PERMUY GOMEZ

14.- FRANCISCA RODRIGUEZ PEREIRA

15.- DOMINGO BERNARDO ANTON SANCHEZ

16.- MARIA PILAR FREIJOMIL PEREZ

17.- NESTOR FERNANDEZ FARALDO

Suplentes:

1.- MARIA DE LA O ROMERO CASTRO

2.- JOSE ANTONIO GARCIA BELLO

3.- JOSEFA VICENTA LEAL CASAL

4.- MANUEL VIDAL ARDAO

5.- ANA ISABEL SANTIAGO LOPEZ

Institucional