ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O recinto feiral de Punta Arnela acolle durante a fin de semana a III Feira de Antigüidades, do Coleccionismo e da Moeda. O certame, organizado pola empresa Avilaco SL, abrirá as súas portas ao público, tanto o sábado coma o domingo, en horario ininterrompido de once da mañá a dez da noite.
Un total de vinte anticuarios participan nesta nova edición da Feira de Antigüidades de Ferrol. Segundo o responsable da organización, Antonio Vila, "as persoas que a visiten poderán atopar todo tipo de obxectos como moedas, cerámicas e pinturas e incluso mobles antigos de procedencia francesa e española". Tendo en conta a diversidade dos productos expostos, o xerente de Avilaco engade que "os prezos tamén serán moi variados, podendo oscilar entre un simple euros e os seis mil euros ou máis".
Instalada no pavillón 5 de FIMO, a Feira de Antigüidades de Ferrol permanecerá aberta ao público ate o domingo. Para acceder ao recinto haberá que pagar unha entrada de 3 euros. Ademais, segundo adiantou a Radiofusión Antonio Vila, "ao longo da fin de semana sortearanse dous vales de compra por valor de 200 euros (para gastar na propia feira)".