Bo gusto polo fútbol

Bo gusto polo fútbol
17 de Febreiro, 2020 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Pote recuperou o bo gusto polo fútbol. O equipo da Segunda Galicia amosou síntomas de melloría nunha cita moi complicada. O adestrador Manuel Freire matiza que nos últimos partidos diante do Cebarca, Perlio e Numancia, xa despregaron un bo xogo aínda que non se vira recompensado con resultados. O Pote 2 -1 Meirás.

ESCOITA O PODCAST:
Alex, porteiro do Pote

No primeiro tempo, o porteiro local Alex tivo moi pouco traballo. Na segunda parte co empate no marcador, o árbitro expulsou a un xogador visitante.

Deportes

Publica o teu comentario agora