Boimorto cántalle aos Reis de Oriente

Boimorto cántalle aos Reis de Oriente

26 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Melchor, Gaspar e Baltasar teñen unha parada especial en Galicia: Boimorto. Neste municipio da comarca coruñesa de Arzúa vénse celebrando un certame de cuadrillas de Cantares de Reis que comezou sendo concurso e rematou por ser mostra. Desta volta, ademais da Mostra de Cantares de Reis que se celebrará o día 3 de xaneiro, dende o co

Algúns dos convidados interpretarán en Boimorto unha mostra do folclore da cultura que representan. Estableceuse liberdade para que calquera que queira participar poida facer o seu comunicado que será entregado a todos os participantes. Cabe desde unha opinión razoada sobre cuestións antropolóxicas, etnográficas, musicais... ata unha análise dunha canción deste tempo de Reis ou calquera aspecto que se xulgue interesante e teña a ver co tema.
O Concello de Boimorto publicou xa un libro cd con recollas de cantares de toda Galicia e posteriormente editouse un cd con cantos de Nadal e Reis gravado polas cuadrillas participantes na mostra.
Cultura