Bolero, tango, canción cubana,...

Bolero, tango, canción cubana,...

10 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Daniel Adzemián e Dayami Andux forman un dúo que ten uns meses de vida. Nese tempo xa fixeron a posta en común e mesmo actuaron en escenarios de A Coruña e Lugo. Realmente coñeceronse hai cinco anos nunha orquestra e souperon que tiñan o mesmo gosto musical e a mesma teima por recuperar para o gran público, cancións do enorme territorio latino-americano, para que as disfrutemos. Dende o pasado mes de decembro é o que están a facer.

O sabado 11 de abril presentan a súa “Antoloxía da canción latino americana” no CCRD de Perlío (Fene), ás 21.00h.
Duas voces e unha guitarra que se mesturan á perfección, con bo gusto e sen estridencias. E musicas e letras procedentes dos máis diversos estilos e países. Bolero, tango, canción cubana...Iso interpretan, Daniel (galego criado na Arxentina) e Dayami (cubana que leva 15 anos aquí). Conversaron, tocaron e cantaron nos estudos de Radio Fene durante media hora e iso é o que ofrecemos aos lectores e oíntes curiosos nesta nova.

Sociedade