Boniface Ofogo: Os meus contos son para compartir

Boniface Ofogo: Os meus contos son para compartir

15 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A oralidade, o respeto aos anciáns, os movementos organizados de mulleres, son características positivas de Africa, que en raras ocasións se mencionan en Europa. Do continente negro, só se falan cousas negativas, segundo o cidadán do Camerún Boniface Ofogo.

Boniface Ofogo afincouse en España, e aquí conta contos da súa aldea natal. Utiliza ferramentas moi sutís, os silencios, as miradas, a voz, o xesto, e intenta establecer unha corrente de simpatía co seu público. Lembrase cando a súa familia e máis el se reunian arredor do lume para contar e escoitar historias. Boni conta contos para todos os públicos, son  historias para compartir, ainda que a cada un lle sirva para unha cousa diferente.

Cultura