Bota a andar o curso no novo IES de Fene

Bota a andar o curso no novo IES de Fene

15 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

400 alumnos-as inician mañán o curso escolar no IES de Fene. A presentación do curso 2011-2012 está fixada ás 12 da mañán para todo o alumnado, da ESO, Bachelerato, FP e PCPI. O transporte escolar sairá ás 11,30 para recoller aos alumnos-as nas paradas habituais. O instituto de Barallobre volve ser un único centro, unha vez que o de formación profesional deixou de ser un CIFP. Mudou polo tanto en materia administrativa e orga

Arredor de 400 alumnos, a espera aínda de que peche a matrícula en FP, PCPI e Adultos. Uns 20 profesores foron desprados unha vez que pechou o Centro integrado de Formación profesional, pero a plantilla necesaria está ao completo, sendo 59 profesores en total os destinados no IES de Barallobre.

O IES de Fene impartirá ensinanzas de ESO, Bachelerato, Adultos e a formación profesional que se divide en FP e PCPI. Tres especialidades ofértanse nestes últimos, cuxa matrícula permanece aberta: un curso de Limpeza, outro novo de Fontanería e un terceiro de Soldadura.

Nas ensinanzas de Formación profesional oferta catro ciclos medios:
1. Un do sistema LOXE, de Mantenemento de maquinaria (tanto ordinario como para adultos) e os outros tres, LOE, que son:
2. Instalación de frío e climatización
3. Soldadura e Calderaría.
4. Electromecánica de vehículos.

Por último, na Formación de Adultos, o IES Fene acollerá este curso a 40 alumnos-as.

A nova directora do IES Fene, Susana Pita, declaraba que os cambios afectan sobre todo ao aparato administrativo do centro, a causa da reunificación, pero polo demais o ensino a impartir é o mesmo agás os ciclos superiores de FP. A vantaxe, se é que se pode sacar algo positivo da reunificación, é que non haberá problemas de espacio e que este se irá organizando a medida que se creen as necesidades.

Mañán comeza o curso no IES de Barallobre. Ás 12.00h preséntase o novo curso, polo que o transporte escolar sairá media hora antes para recoller ao alumnado.

Sociedade