The Bowmans, desde Iowa ata Braga

The Bowmans, desde Iowa ata Braga

29 de Novembro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por

Misturan o vaudeville co folc, a música clásica co rock and roll. Son xemeas e oriundas do estado de Iowa (USA). Sarah e Claire Bowman, artísticamente coñecidas como The Bowmans, compáranse a nomes como Gillian Welch, Neil Young ou Joni Mitchell. Este ano realizaron 255 concertos ao longo de toda Europa e América, debullando o seu álbum “Far from Home” e anticipando temas do seu novo traballo esperado para a primavera do 2009.

The Bowmans actuarán no Pequeño Auditorio do Theatro Circo de Braga o vindeiro 10 de decembro ás 9,30 da noite. Tamén no Theatro Circo da cidade lusa The Blind Boys of Alabama ofreceran un concerto de Nadal o dia 14.
Cultura