Bretoña volverase céltica o venres

Bretoña volverase céltica o venres

05 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Unha nova edición da festa celta do Lugnasad, a XIII, transformará a parroquia de Bretoña, en A Pastoriza, e a trasladará, nunha viaxe cara o pasado, a un tempo distinto e antigo, entre música, actividades para os pequenos e rituais relixiosos. O próximo venres 7 de agosto, a partir das 17.00 horas, a Asociación Xuvenil Coto da Arouxeira programou unha xornada inesquecible neste concello chairego.

O día dará comezo contra as 5 da tarde. Os cativos serán o obxectivo de toda unha serie de actividades e xogos populares para que pasen unha boa data entre disfraces, merenda e un bo tempo de lecer.

 

 

Pola noite será o momento da música, que comezará coa actuación principal, a cargo do grupo “Gandalf”. A continuación, os druídas darán por cumprido o desexo daquelas parellas que elixiran o rito celta como forma de casamento.

 

Xa sobre as 01.00 horas voltarán a subir ao escenario a música e o son, coas actuacións de “Os tres trebóns” e “Taranus”.

Cultura