Britany Miller incorpórase ao Universitario

Britany Miller incorpórase ao Universitario

29 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por
A norteamericana Britany Miller estará dispoñible o vindeiro sábado para xogar en Pontevedra contra o Arxil na primeira xornada da liga Feminina 2 de baloncesto. O Universitario Ferrol logra así a última fichaxe para completar o plantel.
Britany ten 22 anos recentemente cumpridos (naceu o 10 de agosto de 1987) pero xa acumula experiencia á marxe da Universidade pois abandonou a Florida State University atraída pola experiencia profesional en Europa. Así a pasada campaña deixou unhas estatísticas magníficas no seu paso polo Valosun da liga Checa: 18 puntos, 10 rebotes, 1,7 roubos e case 4 tapóns por partido

Estas magnificas estatísticas servíronlle para que o Detroit Shock da WNBA se fixara nela e  a elixira en 2ª rolda do draft deste ano co número 18.

Non tivo moito éxito na liga profesional e foi cortada, algo previsible pois, por diante, no seu posto tiña a Cheryl Ford, a veterana Taj McWilliams e a problemática, pero resolutiva, Kara Braxton.

Aínda que na súa curta historia polo Uni pasaron primeiras e segundas roldas do draft, a fichaxe de Britany Miller vaille a permitir ao equipo adestrado por Chiqui Barros, dar un salto de calidade comparable ao conseguido con Jennifer Butler o ano do ascenso.

Deportes