Bruno Estampilla abre o Galicreques 2015

Bruno Estampilla abre o Galicreques 2015

24 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O espectáculo Bruno Estampilla de Teatro de Ilusiones Animadas abre este sábado no Teatro Principal de Santiago de Compostela a XX edición do Galicreques. O Festival Internacional de Títeres prolóngase ata o día 4 de outubro e complétase con exposicións que xa se poden visitar como a de Títeres de Dedo na Fundación SGAE.

Convertida xa nunha mostra de referencia a nivel mundial no mundo dos títeres, Galicreques celebra a súa XX edición con novos espectáculos. Tamén haberá actuacións de rúa. Ademais, desta volta entrega o seu premio anual á compañía Viravolta polo seu traballo na difusión e promoción dos monicreques en Galicia, a creación do Museo Galego da Marioneta e o seu claro compromiso coa historia e o futuro desta arte. Dende a organización salientan a pegada que Viravolta deixou cos seus traballos de investigación sobre a figura de Barriga Verde e o teatro popular de bonecos, así como coa programación do festival Titirideza.

Cultura