BTT pola II Ruta sendeiros de Fene

BTT pola II Ruta sendeiros de Fene

11 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de duascentas persoas tomarán parte este domingo 13 de outubro na “II Ruta BTT Sendeiros de Fene”, que organiza o Club BTT Fene en colaboración coa concellería de Deportes. A saída está prevista para as 9.00 horas do domingo 13 de outubro, dende o pavillón polideportivo de San Valentín.

A II Ruta discurrirá ao longo de 50 Km por paraxes tan altos como o couto do Rei e tan fermosos como as riberias do río Belelle. Ao remate da proba, os/as participantes poderán participar nun xantar de confraternidade nas mesmas instalacións do pavillón A Xunqueira (opcional). Segundo os organizadores, a ruta btt “Sendeiros de Fene” é unha proba na que se combina a práctica do deporte co desfrute da paisaxe e o coñecemento das fermosas paraxes do Concello de Fene. A ruta é federada e o seu nivel de dificultade é medio-alto.

Sociedade