As buguinas seguen soando

As buguinas seguen soando
19 de Decembro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

O son das buguinas, novo proxecto de BellónMaceiras con Mamá Cabra.

ESCOITA O PODCAST:

O dúo BellónMaceiras traballa nun proxecto con Mamá Cabra destinado ao público infantil. Baixo o sonoro nome de “O son das buguinas” retan á pandemia. O dramaturgo ferrolán Pepablo Patiño é o autor do guión. En palabras de Diego Maceiras (na imaxe)  colaborador habitual de Mamá Cabra, trátase dun espectáculo que discorre a través dun conto salpicado pola música popular. “O mundo da música cambiou” afirman Daniel Bellón e Diego Maceiras, encargados da edición na súa discográfica “creada para auto editar estas iniciativas”. O son das buguinas é un proxecto para facer en directo cando se poda pero editarase tamén como un libro e un disco.

Mentres non é así, aí está un proxecto feito realidade: “BellónMaceiras Melodías” o primeiro libro de partituras con composición propias dos músicos feneses incluídos nos seus tres primeiros CDs. En breve estará dispoñible na súa tenda en liña ou na escola de música da avenida Antonia Montero (Perlío Fene). As persoas que queiran reservalo poden facelo nas súa redes ou no enderezo electrónico escola@bellonmaceiras.com.

Cultura

Publica o teu comentario agora