Buio

O Concello de Fene conclúe o aglomerado do Camiño de Buio
04 de Abril, 2019 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

A intervención contou cun orzamento cercano aos 84.000 euros e incluíu o aglomerado da vía na parroquia de Sillobre.

Unha intervención que se levou a cabo ao longo de preto de 2,5 quilómetros e na que se investiron inicialmente 76.760,89 euros. A este importe houbo que sumar unha partida de 7.528,52 euros para pavimentar un pequeno treito de 150 metros, ata o límite co municipio de Neda e que dá servizo a varias vivendas, e que quedara fóra dos proxectos presentados polo anterior goberno. Uns proxectos que se financiaron con cargo á liña de axudas do PEIM da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dos anos 2017 e 2018. Incluíron tanto o aglomerado do vial como os traballos de sinalización.

O alcalde valorou a realización desta intervención, en dúas fases, xa que meses atrás os fondos estiveron en perigo por cuestión de prazos. E é que a pesares de que a Xunta notificara xa en maio de 2017 a concesión da achega, o certo é que un ano despois, en abril de 2018, a intervención aínda non se sacara a contratación. E iso a pesares tamén de que a primeira fase tiña que estar xustificada no mes de setembro.

Institucional

Publica o teu comentario agora