Burela exalta o sábado a calidade do seu peixe

Burela exalta o sábado a calidade do seu peixe

08 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Este sábado 10 de setembro, a partir das 12 da mañá, o porto de Burela (Lugo) acolle a primeira edición da Xornada Gastronómica do Peixe de Burela, coa degustación dun menú composto dalgunhas das principais especies capturadas pola frota local, pescada, peixe sapo, polbo e por suposto, bonito do norte.

A Confraría de Pescadores de Burela (Lugo) organiza esta sábado 10 de setembro a primeira edición da Xornada Gastronómica Peixe de Burela, coa que se pretende promover a calidade das principais pesquerías ás que se dedica a frota deste porto da costa de Lugo. O evento nace coa idea de repetirse cada ano, ofrecendo a todos os asistentes a posibilidade de degustar un exquisito menú composto de varias clases de peixe a prezos populares.
O menú desta primeira edición consta de polbo encebolado, salpicón de pescada, peixe sapo en salsa e bonito do norte en marmitako. O prezo será de 7,50 euros, aínda que se se compra por adiantado, tanto na Confraría de Pescadores como no restaurante Palacio de Cristal (Burela), o prezo resulta un euro máis barato, a 6'50 €.
Esta xornada gastronómica celebrarase na nave de redes do porto de Burela e estará amenizada por un grupo de gaitas local. A festa empeza ás 12 da mañá e manterase aberta ata que se esgoten os 3000 menús que se prepararán. Os pratos poderán degustarse alí mesmo ou ben poderán recollerse e levarse para casa.
Basilio Otero, Patrón Maior de Burela sinalaba na presentación do acto que a vontade da Cofradía é convencer á xente do concello e da comarca da gran calidade dos produtos do mar que consumen, e tamén dalos a coñecer fóra das fronteiras da Mariña. Quixo suliñar ademais se os produtos non poderían ser máis frescos, xa que unha vez descargados so teñen que pasar pola lonxa antes de comezar a ser cociñados, un acto que se repite tódolos días e que permite que moitos fogares do concello e os arredores consuman peixe do día.

Sociedade