Burela pon en marcha o I Plan Municipal de Integración de Inmigrantes

Burela pon en marcha o I Plan Municipal de Integración de Inmigrantes

04 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

No concello de Burela das  9.689 persoas empadroadas más de 1.200extranxeiros de 37 nacionalidades distintas. A maior parte deles prodecen de Cabo Verde pero tamén de Perú, Portugal, Indonesia, Brasil, Uruguay, Marrocos ou Senegal. A concelleira de Servizos Sociais dixo que “o Plan de Integración está cimentado tanto en favorecer a integración social dos colectivos inmigrantes  como en sensibilizar aos propios veciños da forma de acollemento e

Esta semana presentouse no Concello de Burela este I Plan Municipal de Integración de Inmigrantes presentado pola concelleira de Servizos Sociais e o alcalde Jose Mª Glonzález Barcia.  Na presentación  da iniciativa destacouse que se trata dun plan adicado ós inmigrantes que chegan ó municipio pero tamén ós veciños, para que participen de forma activa. O obxectivo é chegar a unha convivencia intercultural positiva.

Despois da presentación oficial vanse desenvolver unha serie de actividades coa finalidade de divulgar o plan a todos os sectores da poboación do noso municipio, comezando polos centros educativos. Así mesmo, tamén se vai dar a coñecer ás diferentes asociacións de Burela, como elemento de participación cidadá e integrador que son e sobre todo, comentou ó alcalde González Barcia, á poboación xeral xa que é unha parte fundamental do traballo de integración dos inmigrantes.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asistiu tamén á presentación e destacou que Burela representa “un espello no que mirar como unha poboación de marcada multiculturalidade pode levar a cabo un proceso de integración” para dar lugar a unha sociedade sen distincións, respectando os costumes e as singularidades de cada nacionalidade. Arias dixo tamén que “Burela reflicte a imaxe da Galicia na que hoxe vivimos e traballamos”, unha nova sociedade “na que cada vez se conxuga máis e mellor o verbo integrar no ámbito social e cultural”, afirmou.

No acto de presentación actuou o grupo de caboverdianas burelesas Batuko Tabanka.

Sociedade