Buried, de Rodrigo Cortés estrease no Sundance Film Festival

Buried, de Rodrigo Cortés estrease no Sundance Film Festival

22 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A película Buried, do galego Rodrigo Cortés estrease mañá no Sundance Film Festival en Utah (US) A primeira gran cita do cine do 2010, o festival Sundance, vivirá mañá sábado unha das dúas xornadas máis importantes coa estrea da película Buried (Enterrado) do ourensán Rodrigo Cortés. O Sundance Film Festival quere volver ás súas raices proxectando films menos comerciais e máis independentes.

A longametraxe Buried (Enterrado) rodouse en Barcelona e se estreará na sección especial de terror e serie B "Park City at Midnight". Tamén se presenta en Sundance a producción catalana My Invisible Friend de Pablo Larcuén.

Coa sua opera prima Concursante, Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) fíxose no ano 2006 coa Biznaga de Prata do Festival de Cinema de Málaga, agora dá o salto coa selección do seu último traballo para o Sundance. O filme está protagonizado por Ryan Reynolds (X-Men Origins, The Proposal), informa a produtora Versus Entertainment. Cortés encárgase da dirección mentres que o guión asínao Chris Sparling.

En Buried, Reynolds interpreta ao contratista americano Paul Conroy quen é secuestrado por un grupo de iraquís. Paul queda durmido e, ao espertar, descobre que se atopa enterrado nun cadaleito. As súas únicas armas para sobrevivir serán un un chisqueiro, un móbil e a posible axuda que poida recibir desde o exterior. Loitando na súa contra, a falta de osíxeno, a mala cobertura da telefonía móbil e a pouca batería do aparello.

Acompañándoo no thriller estarán as actrices Ivana Miño e Anne Lockhart, desenvolvendo esta última o papel de operadora. O filme foi rodado integramente en Barcelona o pasado verán. Tras a estrea en Sundance, a produtora Versus Entertainment prevé que chegue ás salas de cinema a próxima primavera. Con Buried, Cortés cambia de rexistro cinematográfico. Concursante presentaba o drama dun home, Leonardo Sbaraglia, que gañaba o maior premio en metálico dun concurso de televisión,

uns tres millóns de euros. O que en principio parecía a salvación da súa viaxe, o pasaporte

para unha vida mellor, acábase convertendo nun pesadelo revelando o escuro xogo de intereses

de entidades financeiras, a administración e empresas que amañan o xogo para deixarlle sen

un euro.

Para Bured, Cortés confiou a banda sonora a Víctor Reyes (compositor de bandas orixinais para series como "Sen tetas non hai paraíso"), quen xa lle compuxo a música para Concursante. Aínda que concursante, lograra excelentes críticas, o seu paso polos cinemas foi efémero con pouco máis de 53.000 espectadores. Agora, o director galego podería dar o seu salto á fama con Enterrado.

Cultura