Buscan á tortilla máis gorentosa

Buscan á tortilla máis gorentosa

11 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un concurso de tortillas organizan en Narón para este xoves. O autor ou autora da mellor tortilla recibirá como premio unha cea para duas persoas no “Hotel Pazo Libunca”. O segundo premio consiste nunha cea no Hotel Polígono do Pozo, mentres que o terceiro levará un vale por 30 euros para utilizar no Bazar Bolivar.

A Asociación Veciñal Virxe do Mar de Narón organiza esta segunda edición do concurso da tortilla de patacas. As tortillas que se presenten ao certame deberán elaborarse necesariamente cos dous produtos básicos, ovos e patacas. Valoraráse tanto o sabor como a presentación da tortilla, que contará ao menos cun diámetro de 15 centímetros. Os concursantes entregarán o prato antes das seis e media da tarde do dia do concurso, o xoves 13 de maio. Unha vez o xurado decida o premio, as tortillas serán degustadas polos socios asistentes.

Sociedade