Buscan na Coruña novas fórmulas de xestión cultural

Buscan na Coruña novas fórmulas de xestión cultural

07 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“A enxeñaría cultural é un novo xeito de entender a cultura que xorde pola necesidade de buscar, nestes tempos de crise, fórmulas orixinais para impulsar os proxectos”, explica a xerente de EXPOCoruña, Ana Montes. A definición sérvelle tamén para explicar por que decidiron pór en marcha, en colaboración co Festival Sin

O obxectivo do I Encontro de Enxeñaría Cultural, que se celebra mañá e pasado,  é amosar xeitos menos convencionais e máis sostibles de desenvolver iniciativas artísticas. Entre os relatorios, destaca o do director de Verkami, Joan Sala, que falará sobre o crowdfunding, o financiamento colectivo de proxectos. Tamén participarán no encontro a investigadora cultural María Ptqk, o curador internacional Mateo Feijóo ou o catedrático de comunicación audiovisual Víctor Sampedro, entre outros. O programa do evento inclúe visitas ao centro cultural Ágora, o espazo de intervención Normal e o antigo cárcere da Coruña.

Paralelamente, a Extensión do Festival SinSal levará ao parking de EXPOCoruña propostas sonoras experimentais. Actuarán Diva Dompe, FM Einheit + Massimo Pupillo, Live Footage, Raime, Rene Hell, Cró!, Miguel Prado e Arrigton de Dionyso.

Cultura