Buscando solución

Buscando solución
12 de Marzo, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Moi noviños iniciáronse no consumo de alcol dous dos usuarios do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferroltera que compartiron esta semana as súas vivencias en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Con doce anos comezou beber Mariel. Con trece, Miguel. “Ao primeiro por curiosidade”, di Mariel. Con 21 anos, xa era nai e pediu axuda por primeira vez. Aos 25 di que ela que xa estaba en decadencia. E destruída aos 33, cando chegou ao Grupo. Dos seus comezos co alcol, Miguel lembra que quería parecer maior. “Sempre que bebín acabei mal, bebo de forma compulsiva”, explica. “Estaba canso, o único que me preocupaba era beber, tiña medo a morrer”. Iso foi o que levou a buscar solución no Grupo 24 Horas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora