Buxaina amósanos os xogos de mesa

Buxaina amósanos os xogos de mesa

20 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A empresa Buxaina de Fene organiza dende hoxe venres 20 ao venres 27, a “Semana dos Xogos de Mesa Tradicionais” na cafetería Alborada da avenida do Tarrío. Unha exposición interactiva que consiste en que  a clientela pode xogar a un dos xogos distribuídos polas mesas da cafetería mestres toma algo.

Os xogos de Buxaina poden consultarse na páxina web buxaina.com Son xogos tradicionais moi antigos e de paises de todo o mundo. Xogos que Ana e Suso, de Perlío, fabrican artesanalmente e que venden na tenda on line a moitos paises de Europa e América, segundo Ana Teijeiro.

Buxaina tamén presenta os xogos en colexios, bibliotecas e outras entidades, organizando sesións de aprendizaxe con eles. En Fene podemos comprobar o divertidos que son os xogos de mesa, na cafería Alborada do Tarrío durante unha semana, dende hoxe ata o venres da próxima semana, do 20 ao 27 de xuño. P { margin-bottom: 0.21cm; }

Sociedade