Cándido Mirou presidirá o C.D.Choco durante os vindeiros catro anos

Cándido Mirou presidirá o C.D.Choco durante os vindeiros catro anos

18 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O novo presidente do Choco aspira a ascender a terceira e márcase como obxectivo recuperar a masa social do equipo. Mirou conseguiu 84 votos fronte aos 76 da candidatura presentada pola Escola de fútbol base.

O novo responsable do equipo de fútbol ten claros cales deben ser os obxectivos da nova directiva. O prioritario é recuperar a masa social perdida nos últimos anos, xa que se pasou de medio milleiro de socios a tan só 268. Para potenciar a captación de socios manteranse as cotas conxeladas e se realizarán descontos a xubilados e pensionistas.

No deportivo márcase como obxectivo ascender a terceira división, xa que o equipo actualmente milita en rexional preferente. Entende que este obxectivo pódese lograr cos xogadores da canteira existente aínda que reforzando a aliñación con futbolistas doutros equipos como Peloto ou Serafín ámbolos dous ex xogadores do Céltiga ou Anxo do Villalonga

Outros obxectivos céntranse en formar un equipo B cos futbolistas que non teñan sitio no primeiro equipo para evitar que teñan que desprazarse a outras localidades para xogar e, sobre todo, recuperar as categorías inferiores, dende prebenxamíns a cadetes..

 

Deportes