Cáritas prepara unha nova feira de artesanía para decembro

Cáritas prepara unha nova feira de artesanía para decembro

29 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha nova feira de artesanía proxecta realizar Cáritas na Praza do Concello de Fene a comezos do mes de decembro. Solicitarán á Corporación a colocación dunha carpa para resgardarse das inclemencias meteorolóxicas e queren aproveitar as datas do Nadal para demandar de novo a colaboración cidadán coas familias máis necesitadas.

Cáritas parroquial de Fene quere repetir a experiencia da Feira celebrada o domingo vinteun, no inverno. Proporalle á nova corporación celebrala no mes de decembro, nas vísperas do Nadal. Cáritas fixo balance en Radio Fene do recadado na cita do pasado domingo e tamén da campaña que realizou no mes de maio en colexios e centros comerciais. 32 postos reuníu a feira na que se venderon máis de 600 rifas e se repartiron 116 agasallos entre o público. Os artesáns participantes doaron produtos alimenticios á organización benéfica. María Dopico celebra o resultado da campaña de Cáritas nos centros escolares e supermercados, que aínda continúa en Gadis Perlío ou na escola Galiña Azul.
O local de Cáritas Fene permanece aberto os mércores luns para calquera doazón. Dende o 1 de xullo muda o horario de apertura que será de 6 a 8 da tarde.

Sociedade