As Cíes, máis preto que nunca

As Cíes, máis preto que nunca

04 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Os que decidan aproveitar estes primeiros días de xullo para visitar as Illas Cíes deben saber que a navieira Mar de Ons amplía o servizo regular de transporte marítimo coa chegada da tempada alta estival. Programa oito frecuencias diarias durante xullo e agosto para ir ata o Parque Nacional das Illas Atlánticas dende Vigo e outras sete para retornar. Asemade, establécense catro novas conexións de ida e tres de volta dende Cangas e o mesmo número dende

Os horarios de partida para os que decidan coller o barco dende a Estación Marítima da cidade olívica sucédense coa seguinte frecuencia: 09.45 horas; 11.00; 11.45; 13.00; 15.45; 17.00; 17.45; e 19.00 horas. Para o retorno, as embarcacións saen das Illas Cíes ás dende entre as doce e as dúas do mediodía, e entre as cinco e as oito da tarde a todas as horas en punto.

Para o traxecto que sae Cangas hai que estar no peirao ás 10.15 horas; 12.15; 16.15 e 18.15 horas. Hai tres quendas para regresar ao Morrazo: á unha do mediodía, ás cinco ou ás sete da tarde. E os que prefiran trocar a bulideira praia de Baiona pola contorna virxe do parque natural teñen saída dende a vila ás 10 horas; 12.00; 16.00 e 19.00 horas. Neste caso, o barco de volta parte ás 12.45; 16.45 e 19.45 horas. Todos os itinerarios se realizarán sempre que así o permitan as condicións meteorolóxicas.

O billetes pódense mercar nas billeteiras da empresa Mar de Ons na Estación Marítima de Vigo, ou ben a través de internet no enderezo www.mardeons.com.

Sociedade