Cóstanos moito facer gol

Cóstanos moito facer gol
21 de Marzo, 2022 - 12:24 h. | Publicada por Radio Fene

Cóstanos moito facer gol pero cometemos erros que facilitan os tantos dos rivais, reflexiona o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. O equipo dos Pinares comezou cunha derrota diante do Abellá (1-2) a fase de permanencia na Primeira Galicia de fútbol. É unha liga curta con só 8 partidos polo que hai pouca marxe para máis tropezos.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Saímos do descanso moi enchufados, no minuto 50 empatou Sergio o partido e tivemos logo 3 ocasións de gol moi claras, pero non materializamos e cando parecía que o marcador ia quedar no empate, nunha xogada ensaiada nos colleron despistados” indica Piñeiro.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora