Cabanas concilia co programa Mencer na escola

Cabanas concilia co programa Mencer na escola

06 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O programa de “Mencer na Escola” será posto en marcha un ano máis polo Concello de Cabanas- A Coruña- a través da súa concellería de Servizos Sociais. O que se pretende a través do mesmo e dotar dunha medida de apoio que posibilite a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. Trátase dun programa ofertado prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede social ou non lles resulta pr&aac

O programa de “Mencer na Escola” está destinado por tanto ó alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas, que se desenvolverá polas mañás do curso lectivo dende as 7:30 horas e ata as 9:30. Durante o mesmo realizaranse actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, ademais de proporcionar a opción de almorzos saudables a todos aqueles que así o soliciten.

Os interesados en participar neste programa poden facer a súa inscrición no propio centro escolar, onde deberá cubrir a ficha da matrícula correspondente. O prazo para realizar esta inscrición rematará o día 23 de setembro e a actividade empezará o día 3 de outubro.

Existen diferentes tarifas dependendo dos días que se empregue o servizo e das bonificacións que se poidan percibir no caso de solicitudes de varios irmáns ou irmás, indo dende os 27 euros mensuais de empregarse de luns a venres o programa sen dereito a almorzo, ou 36 euros no caso de solicitalo, ata os 5,40 euros mensuais empregando o programa un día a semana sen almorzo e 7,20 euros con el.

Sociedade