Cabe, un guitarra de referencia

Cabe, un guitarra de referencia

25 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Juan Cabezón “Cabe” é unha guitarra de referencia en Ferrolterra. Toca de xeito permanente, con 7 grupos de diferentes estilos, ademais de colaborar esporadicamente con outras formacións. No seu xardín musical medran as máis variadas flores.

“O importante é saber onde non tes que tocar, e que é o que non debes facer” afirma Cabe, quen indica que o guitarrista debe procurar que soe o grupo, sen buscar un protagonismo esaxerado. Un músico singular cunha persoalidade propia.

Cultura