A cabeza non traballa sen as pernas frescas

A cabeza non traballa sen as pernas frescas
25 de Outubro, 2021 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Fallamos en forma física e non fomos quen de crear as suficientes ocasións de gol, afirma o adestrador do Perlío Chechu Piñeiro. Indica: “Chegamos moi xustos ao tramo final do partido e sen as pernas frescas, a cabeza tampouco traballa ben”. Na Primeira Galicia de fútbol, Perlío 1 – 1 Cultural Maniños.

ESCOITA O PODCAST:
Perlío - Maniños

Notouse unha boa entrada e bó ambiente na festa do fútbol de Fene. Non choveu pero o tempo non acompañou na xornada matinal do domingo.

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora