Cada queixo para a casa

Un queixo para cada casa
13 de Maio, 2022 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Coñece Sillobre camiñando. A Sociedade Agarimo organiza a decima ruta de sendeirismo para o vindeiro martes 17 de maio. Sairá ás dez da mañá desde Marraxón. É imprescindible a inscrición previa en agarimosillobre@gmail.com Percorreranse once quilómetros con dificultade media. Persoas socias, tres euros, non socias cinco euros. Inclúe seguro e avituallamento. (Na imaxe, o crego D.Pascual Campos no Día da Árbore. Finais dos anos 70. Sillobre)

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Arquivo Municipal de Fene

Letras Galegas en Magalofes. As cinco da tarde de mañá sábado organizan un obradoiro artesanal de queixos, dirixido á rapazada de catro a doce anos. E o domingo quince churrascada. De balde para persoas socias e colaboradoras. Para as foráneas dez euros. O martes 17 a partir das sete da tarde clausura das Letras coa coral Airiños da Capela. Actos da Asociación Veciñal de Magalofes. O obradoiro de queixo ten moito éxito entre a rapazada. Cada un leva o seu queixo para a casa, segundo o presidente da entidade Manolo Pico.

Cultura

Publica o teu comentario agora