Caeu o líder en Esteiro

Caeu o líder en Esteiro

08 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Ferrol gañou e convenceu no pavillón do Esteiro ante o “primeiro da fila”, o conxunto vasco do Lan Mobel Iraurgi. Os ferroláns remataron o partido cun 72 a 67 ao seu favor, cun excelente xogo en todas as súas facetas e unha sensación de que o equipo de Félix Ramos pode gañar a calquera. Parece que o “exilio forzoso” do pavillón de Esteiro vai ben ao equipo. Pola súa banda o derbi galego na Liga Feminina 2 saldou

 O Ferrol C.B amosou onte o seu poderío e as súas potencialidades no grupo A da liga EBA. Visitaba a cidade naval, nada máis e nada menos, que o conxunto de Azpeitia, un equipo chamado a ascender en teoría e a priorí. Finalmente o bó facer defensivo do equipo e sobre todo a potencialidade ofensiva no terceiro cuarto desequilibraron o marcador cara os púpilos de Félix Ramos. O traballo, o completo traballo de Armenio, a dirección de Jorge, a intensidade ofensiva de De la Vega e como non as triples de Rafa Rodríguez e de Cesar Piñeiro no terceiro cuarto foron decisivas. Tamén foi decisiva a actuación de Iria Villar, Fatuo Dieng e Raquel Asensio no derbi galego frente ao Arxil de Pontevedra. Polo tanto pleno do basket de Ferrolterra nas duas máximas competicións.

Deportes