Caixanova decide traballar con Caixa Galicia “por un proxecto común”

Caixanova decide traballar con Caixa Galicia “por un proxecto común”

06 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Posible confluencia nun proxecto común”. Para non atizar máis o lume, o consello de administración de Caixanova, que aprobou este mediodía o inicio oficial de contactos con Caixa Galicia, evitou cualificar o propósito desa negociación como “fusión” ou “absorcion”. As caixas falaron polo seu propio bico e sabemos finalmente, tras case seis meses de debate político, que ambas as dúas están dispostas a te

En poucos minutos e por unanimidade. Os 19 membros do consello de dirección de Caixanova autorizaron nunha breve xuntanza ao presidente da entidade, Julio Fernández Gayoso, e ao director xeral, José Luís Pego, para que “inicien os contactos” con Caixa Galicia na procura dun “proxecto común”, tal e como se especifica nun comunicado difundido dende a sede viguesa da caixa. A decisión tomouse no mesmo día no que remataba o prazo comprometido por escrito coa Xunta a pasada semana para que as entidades resolvesen o camiño que ían tomar, unha viaxe que de agora en diante tutelará o Banco de España. Resolto o único punto da orde do día, a cúpula de Caixanova retirouse sen fixar un novo encontro, se ben trascendeu que os máximos responsables da caixa do sur serán convocados canda haxa novidades.

Esta mesma tarde, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmaba que o número 2 de Caixanova, José Luís Pego, e o director de Caixa Galicia, José Luís Méndez, poranse en contacto “nas vindeiras horas”. Cómpre lembrar que a entidade coruñesa xa decidira a pasada semana aceptar as negociacións e mesmo nomeou a un equipo responsable das mesmas, entre o que figura o director xeral adxunto Javier García de Paredes. O titular do Goberno galego si se atreveu a poñerlle nome ao obxectivo das conversas. Feijóo declarou que quere unha “fusión equilibrada e solvente”.

A data límite para obter un acordo para a integración de Caixa Galicia e Caixanova nunha única entidade vén marcada polo día no que vence o prazo para acudir ao diñeiro do FROB, fixado no 30 de xuño. A auditoría que a Xunta encargara para avaliar a viabilidade da fusión estima que serían precisos case 1.200 millóns de euros dun préstamo que a entidade resultante tería que devolver cun xuro do 7 por cento. Tanto o PSdeG como Caixanova sospeitan que esa cifra non será dabondo, e a carestía da operación podería ser un dos principais atrancos para que se leve a cabo.

Sociedade