Calor da afección

Calor da afección
03 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños fíxose cos tres puntos en xogo na primeira xornada da Liga feminina de fútbol disputada na casa. Maniños 3-2 Xallas no partido correspondente á Segunda División Galega disputado o domingo ás 12.15 no campo do Pote. A preparadora física Paula Varela e a xogadora Tensy Varela analizan o partido en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Sobrepoñéndose ás altas temperaturas e aproveitando a calor da afección, as xogadoras do Maniños foron quen de sumar os tres primeiros puntos nun partido no que sempre foron por diante no marcador e no que Lorena volveu demostrar a súa capacidade goleadora. Marcou os tres tantos que deron a vitoria ao Maniños, Unha vitoria que sabe mellor por ser na casa. "Satisfeita, facíanos falta gañar", valora Paula. "Teño a sensación que igual merecemos gañar máis ca elas, tivemos máis sorte cara o gol, que noutras ocasións non temos", opina a preparadora física.  "Empezamos ben e fomos quen de conseguir gañar", sinala Tensy que cos seus 15 anos leva case toda a vida xogando ao fútbol, que compatibiliza cos seus estudos.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora