Cambios de fase

Cambios de fase
03 de Xuño, 2020 - 11:24 h. | Publicada por Radio Fene

Reflexionamos sobre os cambios de fase, sobre os cambios nos nosos hábitos e rutinas. Facémolo con José Barcia.

ESCOITA O PODCAST:

Cada dúas semanas cambiamos de fase, inmersos nunha alarma sanitaria que é algo novo para nós. O cambio de fase obríganos a reorganizarnos constantemente e iso, para o psicólogo José Barcia, supón que cada vez que imos facer algo temos que repasar  como se fai. “Debemos prestar atención a acción que antes tiñamos automatizadas, que faciamos sin pensar” afirma. Nunha situación normal as persoas repetímonos bastante no día a día porque son hábitos xa aprendidos que facemos sin prestarlles atención. “Por iso estes cambios cústannos traballo xa que rompemos as rutinas sempre confortables". Afirma Barcia que os hábitos poden modificarse pero é complicado porque descoñecemos o que hai detrás. Descúbrenos José Barcia outros factores que inflúen, como o medo, o “non podo” ou os saboteadores internos, do tipo “para que vou cambiar isto se vai ben así. O noso experto en benestar e saúde, pola contra, ve aspectos positivos nesta necesidade de cambio, cando as persoas comproban que son capaces de vivilos e de adaptarse a eles.

(Na imaxe, praia de Rio Sandeu,Limodre, na Fase 2)

Sociedade

Publica o teu comentario agora