Cambios no acceso ao aeroporto de Alvedro dende o luns

Cambios no acceso ao aeroporto de Alvedro dende o luns

18 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

As obras do aparcadoiro do aeroporto de Alvedro entran na súa fase final. Os traballos obrigarán a cambiar a forma de acceso a partir do próximo luns. De forma provisional, para ir á terminal utilizarase o novo viario, o que no futuro conectará coa Terceira Rolda e coa Autovía do Noroeste. A construción do aparcadoiro P 1 diante da terminal de Alvedro obrigou a habilitar o aparcadoiro P 3, situado a 700 metros do embarque, ainda que unido co edificio mediante

Os usuarios que queiran acceder ao aeroporto terán que ir, como sempre, pola estrada de Santiago e tomar na rotonda a vía provisional. Para saír de Alvedro ou para utilizar o aparcadoiro, usaranse os mesmos accesos que até agora. O aparcadoiro P 1 entrará en funcionamento no outono, con 2.200 prazas de estacionamento, incluídas as de coches de aluguer. Terá 1 nivel a ras do chan e 3 plantas soterradas.

Sociedade