Cambre acolle a I Gala Cómica Solidaria con Haití

Cambre acolle a I Gala Cómica Solidaria con Haití

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Pedro Brandariz, Víctor Grande, Luís Pousada, Oswaldo, Fran Campos “Padre Merino”, Os Sete Magníficos + 1 e As Cantareiras de Ardebullo reuniranse pasadomañá sábado, 27 de febreiro, a partir das oito e media do serán no Teatro da Xuventude de Cecebre, no concello de Cambre, para solidarizarse coa poboación d

As entradas teñen un custe de 10 euros e pódense retirar nas dependencias municipais do Concello de Cambre, así como na billeteira do teatro o mesmo día da función. A cambio, o público gozará dunha velada cómica descubrindo as novas propostas dos humoristas galegos.

Na organización da gala participan a Concellaría de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade do Concello de Cambre, a “Xuventude de Cecebre” e DINAMO Xestión de Actividades Socioculturais SL.

Para aquelas persoas que non poidan asistir existe tamén unha Fila 0, cun número de conta (2091-0048-97-3110000069) onde poden facer as súas achegas.

Cultura