As camelias no escaparate

As camelias no escaparate

13 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Soutomaior acolle esta fin de semana a IX edición do certame da Camelia. Unha exposición-concurso na que participarán máis de 60 cultivadores procedentes de Galicia e Portugal e que se desenvolverá no Castelo de Soutomaior. A mostra arranca na tarde de mañá sábado e durante toda a fin de semana o Castelo permanecerá aberto ao público que queira achegarse aos expositores a admirar as composición florais.

O xurado do certame concederá tres premios nos apartados de mellor flor e composición artística entre os participantes da comarca, mentres que os cultivadores foráneos exhibirán as súas flores fora da competición. A entrega de premios será o domingo entre as tres e as seis da tarde.

Os organizadores do certame confían en que a mostra atraia a centos de persoas que poderán tamén admirar os escaparates do comercio local que un ano máis presentarán tamén as súas composición elaboradas con camelias.

Este certame naceu na casa do pobo do Val Sobral da man de Manuela Gradín no ano 2001. O éxito de participación fixo preciso unha maior dotación e máis espacio para albergar os expositores, motivo polo que a actividade pasou a ser organizada polo concello dende o ano 2004, data na que tamén se trasladou ao Castelo.

Sociedade