ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O río Baa e Vilar do Colo son o anaco de mapa polo que discurrirá na mañá do sabado a Andaina da Plataforma de afectados polo Polígono industrial de Fene e Cabanas. Chámanlle Andaina reivindicativa polo río Baa e sairá ás 10,30 da mañá da estación de servicio de Vilar do Colo a onde retornará ás 2 da tarde, despois de celebrar un acto simbólico, lembrando un anaco de historia cando as tropas de D&ea
A Andaina pretende devolver o valor paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico da zona. Por iso uns técnicos nestas materias guiará a andaina, explicando os valores que concita o río. Entre eles muíños como o de Petra, o castro de Prismos, as mámoas ou o Marco de San Lourenzo, que cita un dos membros da Plataforma, César Martínez Yáñez.
Ás 13.00h, no muíño de Petra realizarán o acto denominado “In memoriam”. A cita mañá ás 10,30h na estación de servicio de Vilar do Colo. Convoca a Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar do Colo, coa colaboración de Verdegaia, SGHN, ADEGA e a Plataforma de defensa dos camiños.