Camiños do Pachuzo e do Castro

Camiños do Pachuzo e do Castro
13 de Agosto, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene rematou os traballos de acondicionamento dos camiños do Pachuzo e do Castro de Perlío. A intervención estendeuse ao longo de 630 metros, nuns tramos nos que se mellorou o firme con aglomerado, previa reparación de fochancas.

Camiño do Pachuzo en Perlío

Asimesmo adecuáronse as marxes da estrada na zona das vivendas, mediante a pavimentación con formigón. Os traballos completáronse coa limpeza e roza de gabias, así como a construción de 215 metros de gabia de seguridade revestida de formigón. O orzamento das dúas intervencións ascendeu a 41.750,08 euros, financiados co superávit municipal, segundo informa o alcalde Gumersindo Galego.

Institucional

Publica o teu comentario agora