A campaña “Condutor alternativo” intentará captar esta fin de semana aos seus últimos adeptos

A campaña “Condutor alternativo” intentará captar esta fin de semana aos seus últimos adeptos

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Concienciar a poboación, e especialmente a mocidade, da necesidade de non unir alcohol e volante é o obxectivo da Campaña Condutor alternativo. Despois de pasar por decenas de concellos, a iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar, chega esta fin de semana á súa fin.

Ante o alto número de accidentes graves que teñen como factor determinante o alcohol, a Xunta tenta con esta campaña expandir a mensaxe de que os grupos de amigos deben organizarse para designar cada noite un condutor que se manteñan afastado das bebidas espirituosas. A actuación conta coa presenza de mozos de asociacións xuvenís que, nos propios lugares de ocio nocturno, tentan concienciar a aqueles que van coller o volante. A coordinadora da iniciativa, Silvia París, asegurou en Radiofusiòn que o proxecto está a ter “moi boa acollida” e, como anécdota, relatou que ata unha parella que acaba de pasar polo altar se sumou a ela.

A campaña Condutor alternativo pasará esta noite por Sanxenxo e Santiago de Compostela, mentres que mañá sábado se desenvolverá en Lugo, Pontevedra, Ourense e Narón.

 

Sociedade