Campións da liga de chave

Campións da liga de chave
12 de Xuño, 2019 - 09:08 h. | Publicada por Radio Fene

O Limodre xogarase co Outeiro o título de campión da Liga de chave comarcal cando ainda falta unha xornada para o remate oficial da competición. Venceu catro a cero ao Fumazo o pasado fin de semana. Lévalle once puntos ao segundo clasificado o Outeiro. En terceira posición figura a Asociación Veciñal de Santa Mariña. Á maioría dos equipos ainda lle restan algún partido máis pendente.

Julio Seoane, da Liga de Amigos da chave de Ferrolterra

Na Segunda División encabeza a competición o Lúa Nova A, seguido por Fumazo A e Athletic Rosario. O ascenso de categoría está practicamente garantido, pois o Lua Nova A xa ten garantido o campionato.

A Liga de chave comezou no pasado mes de febreiro. Participan 22 equipos e máis de 120 xogadores que tiraron a chave en 18 canchas, nove delas cubertas.

Deportes

Publica o teu comentario agora