Campionatos de campo a través no Belelle

Campionatos de campo a través no Belelle
06 de Setembro, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de oitocentos atletas participaron nos Campionatos de España de campo a través celebrados no Belelle en Fene o 10 de marzo de 1985. Era a terceira ocasión na que estes campionatos de cross se celebraban en Galicia. As precedentes tiveran lugar en Vigo en 1930 e 1958.

ESCOITA O PODCAST:

Fragmento da retransmisión en Radio Fene do Campeonato de España de campo a través. 10 de marzo de 1985

http://173.255.131.18/audio/040920LAGO.mp3

Faustino Seco recollendo o trofeo na Casa da Cultura de Fene

Os atletas e federativos consideraron o circuíto do río Belelle como excelente para preparar o Campionato do mundo. Radio Fene retransmitiu a proba. Máis de seis mil persoas desprazáronse á zona para gozar co espectáculo deportivo nunha mañá soleada. Venceu Constantino Esparcia na categoría masculina e Ana Isabel Alonso na feminina. Fene anotouse un éxito de organización,segundo recollía a prensa da época.

 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora