Campus "Mavi"

O Concello de Fene abre a inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi”
18 de Xuño, 2019 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

O campus diríxese a nenos e nenas e mozos e mozas a partir de 6 anos e contará coa visita de xogadoras da selección galega e da selección española de fútbol sala. Celebrarase na semana do 15 ao 19 de xullo.

O Concello de Fene, a través da Concellería de Deportes, vén de abrir o prazo de inscrición no Campus Mixto de Fútbol Sala María Vieira “Mavi” (na foto de arquivo). Está dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e tamén mozos e mozas e celebrarase do 15 ao 19 de xullo, de luns a venres de 10 a 14 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira e inmediacións.

As prazas están limitadas a 20 e, no transcurso do campus, xogadoras da selección galega e estatal de fútbol sala feminino visitarán aos/ás participantes para compartir os seus coñecementos, técnica e consellos. O campus incluirá xogos e actividades multideporte, técnica de fútbol sala, actividades ao aire libre nos arredores do pavillón, campo de fútbol e praias, minipartidos e competicións.

As inscricións deben formalizarse no departamento municipal de Cultura e Deportes, ata o 10 de xullo, e a cota a abonar é de 15,70 euros, a partir do segundo membro da unidade familiar residentes en Fene, 12,56 euros.

Deportes

Publica o teu comentario agora