Cancélase a botadura da F-314 en Navantia Ferrol

Cancélase a botadura da F-314 en Navantia Ferrol

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As prediccións metereolóxicas para o luns dia 9 obrigan a Navantia a cancelar a botadura da fragata F-314. A Axencia estatal de Metereoloxía anuncia ventos de ata 120 Km/h ese dia.

Nunha predicción especial para a ría de Ferrol que Navantia sempre solicita cando hai botadura á vista, a Agencia Estatal de Meteorología confirmou as malas condicions climatolóxicas anunciadas para o próximo luns día 9 de febrero, con ventos sostidos e rachas de ata 120 k. por hora.

O risco técnico que supoñen estas condicións metereolóxica para a botadura impide a Navantia celebrar a da fragata F-314 para la Mariña Real de Noruega que estaba prevista ás 16.23 h, coincidindo coa pleamar.

Para garantir o normal avance do programa de construcción, Navantia está a estudar conxuntamente coa Mariña Real de Noruega a próxima data na que sería posible levar a cabo a botadura, para a que se agardaba a presencia en Ferrol da Ministra de Defensa, Carme Chacón, e a sua homónima noruega.

Institucional