Cancelación de voos nos aeroportos galegos

Cancelación de voos nos aeroportos galegos

18 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os aeroportos de Labacolla, Peinador e Alvedro cancelaron boa parte dos seus voos previstos para esta xornada dominical. A nube de cinza volcánica non chegou a Galicia, pero o peche de moitas terminais europeas e españolas impide a normalidade na saída e chegada de avións. Un dos voos suspendidos foi o que saía da Coruña con destino Barcelona ás 21,05 h. As compañias aereas facilitaban billetes aos pasaxeiros para o voo de mañá luns &aacu

Segundo comunica Aena, o desprazamento da nube de cinza volcánica permitiu reabrir o espazo aéreo español a partir das 15:30 horas. O restablecemento das operacións nos aeroportos de Barcelona, Xirona, Reus, Sabadell, Palma de Mallorca, Menorca, Son Bonet, Asturias, Santander, Bilbao, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Logroño, Huesca e Zaragoza fíxose paulatinamente ao longo da tarde.  As operacións entre os aeroportos españois e aeroportos europeos afectados pola nube de cinza continúan suspendidas.

Aena recomenda a todas as persoas que teñan previsto viaxar nas próximas horas que se informen do estado dos seus voos coas compañías aéreas antes de acudir aos aeroportos.

Actualmente, segundo informa Eurocontrol, a Organización Europea para a Seguridade da Navegación Aérea, continúan as restricións totais ou parciais do espazo aéreo de 25 países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, Eslovaquia, Estonia, Finlandia, Francia, Holanda, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Polonia, Reino Unido, República Checa, Romanía, Serbia, Suecia, Suíza e Ucraína.

Sociedade