As cancións inéditas de Andrés Dobarro

As cancións inéditas de Andrés Dobarro
15 de Decembro, 2020 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

A música de Andres Dobarro segue a estar presente máis de 20 anos despois da súa morte. A compañía Rama Lama acaba de editar un novo traballo discográfico que recolle temas inéditos do cantante que conseguirá número ún en vendas durante a ditadura con cancións en galego.

ESCOITA O PODCAST:
Me llamo Andrés de Andrés Dobarro

“O espirito dobarrista segue presente” apunta o biógrafo do cantante, Fernando Fernández Rego. Non só nos que foron coetaneos do artista ou xeracións algo posteriores, se non tamén en aqueles que teñen agora vinte anos pero saben “O tren” de memoria.

O papel cultural do cantante foi moi importante. Tivo que dicir que as súas cancións eran en portugués para poder levalas ao panorama musical de Europa. Con esta estratexia chegou ao número un das listas cunha canción en galego, catro veces, en plena ditadura.

Despois de que Andrés Dobarro rematase o contrato con Belter decidiu marchar a México entre 1976 e o 1980. Volve con 18 cancións compostas que nunca se publicaron e quedaron custodiadas pola familia.

Reaparecen hai uns anos e agora, gracias a Rama Lama ven a luz, aínda que non todas, só 5 delas. Estas poderíanse agrupar na última etapa do cantante. Son obras de autor, íntimas e emocionais.

O novo traballo recolle emotivas letras que agochan o sinal de identidade dun artista que falaba da súa terra e das súas vivencias a través da música. O cuarto traballo do autor chega dunha forma diferente pero igual de válida para desfrutar da súa música.

Cultura

Publica o teu comentario agora