Cancións sanadoras de Os Peregrinos

Cancións sanadoras de Os Peregrinos
17 de Abril, 2020 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

Roger de Flor e Charly Mysterio “Los peregrinos” sorpréndennos en plena pandemia con “Musas de Ons” e “Playa”  dúas canción inspiradas nas illas galegas e incluídas nun single dixital editado por Elefant records. Cancións sanadoras nesta alarma sanitaria. 

ESCOITA O PODCAST:

Cancións sanadoras

No medio desta incerta situación de alarma sanitaria aparecen Roger de Flor e Charly Mysterio “Os peregrinos” e nos agasallan cun caramelo musical para endulzar o confinamento, invitándonos a soñar e  a refrescarnos no mar que circunda a illa de Ons. Nela están inspiradas as cancións que Roger de Flor nos presentou esta mañá en Radio Fene e que podedes escoitar en diferentes plataformas. Non son cancións creadas neste preciso momento de crise. En todo caso, saen a punto para sanarnos, para tranquilizarnos, porque o mar é o quen.

A illa de Ons

O idilio de Roger de Flor coa illa de Ons naceu hai 20 anos, segundo confesa o músico de Limodre, "Volvín moitas veces e na última visita xurdiu Musas de Ons" afirma Roger quen inmediatamente propúxolle a Charly compartila con el. E así foi. "... Laura sonríe debajo del mar. Un dulce recuerdo la invita a soñar…” Así de fresca e a dúas voces, as de Roger e Charly moi ben coordinadas, soa “Musas de Ons” cun acordes suaves, sen estridencias, como se as ondas do mar marcasen o compás - lembrounos a anduriña de Andrés Dobarro-. A outra canción é “Playa- mi sombra y yo” máis reaguetona e bailable, inspirada nun poema que o poeta malagueño, Manuel Altolaguirre dedicóu ao seu compañeiro de xeneración García Lorca. Resulta que o tal poeta tivo algunha relación con Rubia Barcia. Aquí os arranxos de Charly Mysterio déronlle un aire máis "moderno" explica Roger. O estilo de Peregrinos e a súa habilidade para recrear escenas amables, ás veces con retranca, queda ben patente neste traballo. "Somos moi eclécticos, temos moitas referencias musicais e por iso as músicas son diferentes pero as dúas sanadoras" aclara o músico. Cando lle preguntamos a Roger de Flor se haberá album que complete con outras cancións este proxecto, contesta cun "xa veremos" porque hoxe en dia as cousas da música  cambiaron e pode haber album como pode haber cancións soltas e quedar aí.

Confinamento e novo proxecto

Neste momento, encerrado na súa casa de Ferrol, Roger traballa nun novo proxecto, un EP de catro cancións, baseado na obra dunha poeta galega, no que ten postas moitas ilusións. Será algo moi diferente, con ritmos brasileiros e da chanson francesa, en galego e en compañía dunha muller, Lía Pamina. Non quere contar máis, só que nestes momentos está concentradísimo nestas cancións aproveitando un confinamento que lle custou anular as actuacións que tiña pendentes en Baleares, Canarias, Cataluña ou Asturias. Confiamos con Roger de Flor que sexa un adiamento e nun futuro poda retomar esa "primavera movida" que tamén incluía a Galicia. Rogelio Arias só se distrae da concentración no novo traballo cando sae ao balcón coa guitarra para compartir cos veciños uns minutos de música solidaria neste momento no que é tan necesaria. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora